O manual como esqueleto: os 8 apartados de PROENS, na orde e coa lóxica que pide a Administración.
Linguaxe común no claustro: que pide cada apartado e por que, sen tecnicismos innecesarios.
O apartado de programación decide notas. E dentro del, a avaliación é onde máis se suspende.
Manual de axuda para a elaboración das programacións didácticas — Consellería de Educación, v1.0.1 (xuño 2023), 58 páxinas. Infantil, primaria, ESO e bacharelato.
Dos decretos de currículo LOMLOE galegos: 150/2022 (infantil), 155/2022 (primaria), 156/2022 (ESO) e 157/2022 (bacharelato).
Portal da Consellería (edu.xunta.gal, nodo 40229) e portal PROENS. É o criterio co que a inspección le a túa programación.
Verificación apartado a apartado antes de gravar en PROENS: nada queda sen cubrir.
É a rúbrica implícita do tribunal: cada ítem da lista é unha pregunta que che poden facer na defensa.
Non ao final: repasa a checklist do apartado 5 mentres deseñas a avaliación, non despois.
Indicadores para avaliar como ensinas: adecuación das tarefas, clima de aula, axuste dos tempos, resposta á diversidade…
Seguimento periódico (a través do seguimento de PROENS), avaliación final e propostas de mellora para o curso seguinte.
Explicar o funcionamento xeral dos órganos de goberno do concello, das comunidades autónomas e do Estado español…
Explicar o funcionamento xeral dos órganos de goberno da Unión Europea…
O alumnado demostra o coñecemento a través dunha evidencia escrita: probas obxectivas, exames…
O desempeño compróbase cunha lista de ítems ou escalas: rúbricas, listas de cotexo, escalas de observación…
Nomear os procesos fundamentais da nutrición relacionándoos coas estruturas…
Explicar os procesos… coas estruturas do aparello dixestivo e do excretor.
Explicar os procesos fundamentais da nutrición [sen o resto].
Exemplo do manual — UD6 = 40 % proba escrita + 60 % táboa de indicadores. Aquí desglósase:
40 % = 1º exame 15 % + 2º exame 25 %
60 % = rúbrica 50 % + escala de observación 10 %
| Perfil do criterio | Grao 1 | Grao 2 | Grao 3 |
|---|---|---|---|
| Cognitivo / cognitivo-motor | Identifica · recoñece | Emprega · aplica | Xustifica · crea |
| Actitudinal / socioafectivo | Recoñece | Xestiona con apoio | Regula con autonomía |
= explicar oralmente cun debuxo ou un exemplo.
«Crear» = inventar un caso parecido ao que se acaba de resolver.
= argumentar o procedemento, comparar estratexias, detectar e corrixir erros propios con criterio.
| Peso na proba | G1 | G2 | G3 |
|---|---|---|---|
| INEE · 4º EP | 30 % | 45 % | 25 % |
| Adaptación · 2º EP | 40 % | 45 % | 15 % |
Recoñece, con apoio, a meta dun proxecto motor sinxelo e se se logrou ou non.
Participa nun proxecto motor sinxelo poñendo da súa parte para acadar a meta común, e fíxase nos resultados.
Explica —cun debuxo, un exemplo propio ou de palabra— se conseguiron a meta e por que, ou propón unha mellora.
Recoñece e nomea, con apoio visual (caras, debuxos), as emocións básicas que sente durante o xogo.
Tenta xestionar con apoio guiado as súas emocións durante a actividade (respirar, agardar, pedir axuda).
Regula por si mesmo algunha emoción no xogo e amosa que fai para sentirse mellor.
Aínda non o consegue, ou só con moita axuda e de forma puntual.
Grao 1 / entrada ao 2: conségueo parcialmente ou con axuda. Aquí está a fronteira do mínimo.
Graos 2-3: conségueo de forma habitual e autónoma. Superar o CA = chegar aquí.
| Semáforo | Cualificación 1º ciclo (cualitativa) | Apoio interno do docente |
|---|---|---|
| Non adquirido | IN | M · coeficiente 0,25 |
| En proceso | SU | R · coeficiente 0,50 |
| Adquirido | BE / NT / SB segundo autonomía | B 0,75 · MB 1,00 |
Si cambias la evaluación, lo cambias todo.Neus Sanmartí
| Avaliar para regular | Avaliar para cualificar | |
|---|---|---|
| Pregunta | Por que aparecen as dificultades? Como axudar? | Que resultado obtivo? |
| Momento | Durante todo o proceso | Ao final |
| Protagonista | Alumnado e docente | Docente / institución |
Regula o docente: recolle datos, entende o razoamento do alumno e axusta o seu ensino.
Regula o alumno: é el quen analiza o seu traballo e decide como mellorar. A meta final.
Certifica ao final. Lexítima — pero o seu resultado depende da calidade da regulación previa.
Catro preguntas fixas: que aprendín hoxe? como? que aínda non entendo? que podo facer para melloralo?
Verde: seino e podo explicalo · Ámbar: fágoo con axuda · Vermello: necesito volver empezar. Serve para reagrupar a sesión seguinte.
Coa rúbrica diante: dous acertos + unha proposta concreta de mellora. Nunca unha nota.
Borradores + versión final + reflexión de por que cambiou. O alumno escolle as evidencias que mostran que aprendeu.
| O manual pide… | Sanmartí achega… |
|---|---|
| Mínimos claros, sinxelos, que informen ao alumnado e ás familias | Criterios de avaliación compartidos e comprensibles |
| Táboa de indicadores como instrumento maioritario | Rúbricas co-construídas, dianas, listas — usadas tamén en autoavaliación |
| Recuperación ao longo do curso, sen topar nota nin promediar co suspenso | O erro como punto de partida; regulación continua ata acadar a aprendizaxe |
| Avaliación inicial que non cualifica | Diagnose de ideas previas para adaptar o ensino |
| Sen peso para asistencia ou comportamento | Feedback sobre a tarefa, nunca sobre a persoa |